Teño por tanto 64 anos, estou nesa xeración dacabalo entre o franquismo e o post franquismo. Se hoxe preguntásesme, á marxe deste proxecto, se fun feliz, diríache que me considera un privilexiado. Tiven unha vida amorosa, de parella, creo que única, a pesar desta circunstancia. Pero analizando e botando a vista, e vendo o que me foi pasando, si, sufrín todos os tópicos do que sería calquera homosexual da época.

Parte da miña familia ao coñecer esta relación respondeu coa frase: “Nin a entendo nin a quero entender”. Decidimos irnos a vivir a Puerto de la Cruz, por culpa do rexeitamento familiar. Eu vivía aquí moi ben e estaba moi ben valorado profesionalmente. Vou para Canarias como quen di cunha man diante e a outra detrás.  É unha ruptura total partindo de cero, para mal e para ben, para José e para min.

Teño 60 anos e sempre vivín na Coruña.

Eu de súpeto empeceime a dar conta de que a miña o que me gustaban eran as mulleres, non me gustaban os mozos. Tiña 17 ou 18 anos, porque, eu creo que no fondo todos témolo na cabeza desde sempre, pero sempre hai unha sociedade que te obriga, que te obriga a todo o contrario. Como por exemplo cando todas as túas amigas son heterosexuais e todas din, “ah que bo está fulanito”, entón un pouco veste con esa presión, cando tes 14, 15 ou 16 anos, non tes a capacidade de dicir, a nin non, a min esto non. Se non que te deixas levar, non.

Eu en canto tíveno claro, tíveno clarisimo, ou sexa que xa non…

Eu quería contactar con lesbianas, se cadra non para ligar, para ter sexo. Se non por necesidade de comunicación, de poder establecer con alguén que tivese as túas vivencias. Claro nese momento nunha cidade como Coruña, a Coruña dos oitenta que era como… en fin.

Naceu na Coruña e estivo emigrado na Suíza.

Aqueles tempos eran moi malos, eu tiven que traballar, con nove anos xa saín a traballar. De moi novo dábame conta de que non me ían as mulleres, non me ían, que me tiraban máis os homes e que ía detrás deles. O único, quero dicir que moi novo eu xa empecei a andar con homes. Claro, sen sabelo a miña familia, porque daquela nin se sabía.

A miña nai morreu sen saber que eu era gai. Pero dábase conta que era gai porque te vían só con homes, nunca ías con mulleres e dábanse conta, non eran parvos. As nais non son parvas.

Cando era pequeno tiña un tío en Holanda, un tío irmán da miña nai, que ás veces nos traía xoguetes. Cando tiña catro anos, a min tróuxome unha boneca. Eu vina e collín a boneca, todo emocionado. E recordo que ma quitou, tirouna e díxome algo así como: “Deixa eso, maricón.” Era coma se tróuxoma para poñerme a proba e logo poder corrixirme.

Sentíame excluído, eso é o que eu sentía durante a miña infancia. Eu sentía que o que eu sentía non era válido. O meu pai tentou facerme un home levándome ao fútbol, facendo deporte, o que tocaba. Pero a min non me gustaba. Eu xuntábame con nenas, e xogaba a saltar á corda. Coa miña avoa paterna nunca sentín rexeitado. Ir á súa casa era sentirme seguro, aceptoume.

Pero na miña casa, no colexio…primeiro sentes que algo non funciona, pero eu fun consciente non de que era homosexual, porque ese nome non estaba presente. Pero si de que era maricón, si. Non entendía que a min atraíanme os homes, sabía que non era normal.

Eu son da Coruña, do barrio de Montealto. Nacín no ano 1960, e vivín toda a vida alí. Eu teño recordos dunha vida normal, dunha rapaza daquela época. Estudei no Curros Enríquez. Acabei a EGB e púxenme a traballar, aínda que o certificado saquein máis tarde, tíveno que sacar por libre.

Eu creo que foi na adolescencia. A ver, non é que tiveses información de nada, pero o de saír cun mozo, dicías: Bo, vou saír cun mozo porque sae a miña amiga, non?

Tiven conciencia pronto, pero saída moi tarde. Nos 80 foi cando me dei conta, non de que non fose normal, senón que non me gustaban as mesmas cousas que á miña amiga. Aquel mozo estaba bo… pero para min a moza estaba moito mellor!

Sempre tes o medo ese de que che rexeiten, pero cando vas crecendo e es consciente de que te dá exactamente igual o que pense a xente, o único que me importa é o que pensé a miña nai… A miña nai tomar ben! Pois xa está! Os demais que lles dean auga e azucre.

Un proxecto do Concello da Coruña:

Logo Coruña

Colaboran:

Logo CRMH d'AC

Logo Fundación Pedro Zerolo

Fundación 26 de Diciembre

Logo Mobil Cinema

Logo Palestra