O proxecto “Memoria LGTBI+” quere recuperar e vindicar a memoria do colectivo LGTBI+. Motívanos reivindicar a nosa memoria histórica, a necesidade de lembrar que todos os colectivos temos unha memoria e un pasado, unha historia que necesitamos manter viva para non cometer os mesmos erros no futuro. Debemos mirar ao pasado para construír o noso futuro.

O proxecto nunha primeira fase céntrarase na recuperación das testemuñas de persoas LGTBI+ e maiores de 60 anos.

Este traballo tenta contribuír á recuperación da memoria daquelas persoas que sentiron a represión ou silencio por ser “invertidos”, homosexuais ou transexuais durante un réxime de privación de liberdades. Tanto as persoas LGTBI+ que foron represaliadas como aquelas que viviron no franquismo e o comezo da democracia, non puideron desenvolver a súa vida dunha forma libre, con todas as consecuencias persoais e psicolóxicas que lles supuxo vivir á marxe de quenes son realmente ao longo da súa vida.

Para acadar iso mantivemos unhas charlas previas para poder elixir a cinco primeiras persoas que cumprisen os obxectivos claros. Persoas maiores de 60 anos, dispostas a falar, con documentación das suas vivencias, que despois nós dixitalizamos.

Elaboramos unha listaxe de feitos relevantes históricos, axuden a construír un relato único. Feitos como a cafetería Manhattan, primeiros locais LGTBI+ , primeiros orgullos, festas, colectivos ou reunións na época e lugares de encontro… feitos nos que basamos algunhas das preguntas.

As entrevistas e o material recabado neste proxecto, poñerase a disposición de investigadores, a comunidade académica, documentalistas, xentes do mundo dá literatura…

Esta cesión realizarase a través dun convenio de colaboración.

Os documentos e as entrevistas visibles son unha mostra única do traballo realizado.

Para aceder ás entrevistas completas ou ó resto do material precesitaredes dunha clave de acceso que se enviará despois de asinar o convenio de colaboración.