A Asociación Palestra fundouse no 2011, e somos unha organización laica e non partidista, que o seu compromiso é coas liberdades sociais, o feminismo, a igualdade da comunidade LGTBI+, da mocidade, os maiores, as persoas doutras etnias e a sanidade deste colectivos, en especial das persoas da nosa comunidade que viven no rural.

Traballamos pola igualdade efectiva e real das persoas que son discriminadas por razón de nacemento, xénero, orixe étnica, convicción ou opinión, idade,( en especial as persoas xoves e maiores), discapacidade, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero, enfermidade, situación socioeconómica, residencia no rural, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, así como a discriminación machista e sexista.

O ámbito da cultura, audiovisual, académico e da memoria histórica son ámbitos que utilizaremos para acadar os nosos fins.

Os nosos proxectos intentaremos facelos en rede coas entidades e colectivos de Galicia, o noso estado.

En concreto para este proxecto traballamos coxuntamente coa Fundación 26D, a Fundación Pedro Zerolo e a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña.